06 junho 2007

As salinas da Figueira da Foz

5 comentários:

garina do mar disse...

as salinas são uns sítios giros.. ainda por cima vão variando a paisagem ao longo do ano.. devem estar a ficar cheias de sal agora!!

Nautilus disse...

Lindas fotografias! Sobretudo a de baixo em "linha de fuga". Já reparei que andas a fazer concorrência à Miúda.
A salinicultura está a voltar a ser uma actividade interessante. Para além de andarem a recuperar salinas, surgiram novos produtos, como a flor de sal que abriram novos mercados: há salinas no Algarve a exportarem flor de sal para França.

O´Fartura disse...

ENCONTRO ABERTO DE BLOGERS DE CULTURA MARIÑEIRA E FLUVIAL
Introducción: difusión da cultura mariñeira e fluvial na rede
As entidades integradas na Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial pulan pola defensa, socialización e posta en valor do patrimonio material e inmaterial da Cultura Marítima e Fluvial de forma organizada.
Unha das angueiras desde a creación da FGCMF é a difusión das actividades da propia FGCMF e das asociacións integrantes, e dunha visión aberta da cultura mariñeira polo que o aproveitamento das novas tecnoloxías da información na consecución deste obxectivo vislúmbrase como unha ferramenta útil.
Actividade: reunírmonos para fomentar o mutuo coñecemento e o diálogo
Integrado no Programa de Actividades do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia os blogers de CMeF activos impulsamos o ENCONTRO ABERTO DE BLOGERS DE CULTURA MARIÑEIRA e FLUVIAL coa intención de establecer vínculos e canles de colaboración entre nós mesmos, e ao mesmo tempo asumir como tarefa común o apoio á difusión do uso de blogs no seno do tecido asociativo que compón á FGCMF.
Esquema do Encontro Aberto de Blogers de CMeF: ponencias libres e debate.
1-Apresentación do Encontro por parte do webmaster do sitio web oficial da FGCMF.
2-Intervención das e dos blogers de cultura mariñeira e fluvial e blogers convidados e convidadas de non máis de dez minutos, expoñendo e compatindo aquelas consideracións que eles mesmos consideren interesantes.
3-Debate entre os/as Blogers.
4-Debate aberto ao público.
O encontro de blogers é aberto podendo participar en calidade de ponente toda persoa que solicite a súa participación a calquera dos blogers de cultura mariñeira que asumen a responsabilidade da organización da actividade.
Tamén poden participar persoas que manteñan na rede instrumentos de comunicación interactivos distintos aos blogs como poden ser foros, sitios web persoais, etc.
O tema das ponencias será libre desenvolvendo aspectos diversos da Cultura Marítima e Fluvial, e favorecerase a expresión en todos os idiomas presentes a través dos/as tripulantes inscritos/as no VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia-Ferrol 2007.
Lugar e data de celebración: 7 ou 8 de xullo no Local da A.VV. Ferrol Vello
O Encontro de Blogers de CMeF realizarase nunha xornada a decidir pola organización do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais os días sábado 7 ou domingo 8 de Xullo de 2007. O lugar de celebración será o Local da Asociación de Veciños “Ferrol Vello”, habilitado con conexión a Internet e un proxector que permita aos/ás ponentes apoiar as súas intervencións en imaxes obtidas dos ordenadores conectados á rede.
Obxectivo: máis argonautas da CMeF a difundir na rede en colusión.
Os blogs son ferramentas de comunicación interactiva en tempo real cun uso social crecente que facilitan a creación de redes sociais horizontais, e que facilitan o fluxo non xerárquico de información e concretamente no ámbito social da cultura mariñeira e fluvial poden constituirse en elementos que proporcionen unha maior cohesión e coñecemento mutuo dos diversos proxectos e iniciativas.
Partindo de recoñecer a exigua presencia do ámbito social da cultura mariñeira e fluvial na blogosfera, que neste momento se reduce a tres blogs activos, o percorrido é moi amplo se partimos da consideración de que son perto de corenta os colectivos articulados na FGCMF, e que non é necesario detraer recursos económicos doutras actividades da asociación para a posta en funcionamento dun blog.
Blogers Organizadores: compartirmos vento mareiro na rede.
Lino Prieto, bloger de Amigos da Dorna Meca
http://dornameca.blogspot.com/ , da Asociación Amigos da Dorna Meca de O Grove (Ría de Arousa ).
Nacho Jorganes, bloger de Lajareu por Barlovento
http://lajareu.blogspot.com/ da Asociación Lajareu por Barlovento de Ribeira (Ría de Arousa).
Moncho Bouzas, bloger de Singradura da Relinga http://singraduradarelinga.blogspot.com/ , do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro (Ría de Muros e Noia)
Xan Romaní, bloger de Singradura da Relinga http://singraduradarelinga.blogspot.com/ , do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro (Ría de Muros e Noia)
Convidados e convidadas.
María Lado, bloger de Casatlántica
http://casatlantica.blogspot.com/ , blog galego de expresión cultural e artística
Regino Varela, Webmaster de www.caamouco.net portal do asociacionismo deportivo e cultural de Caamouco ( Ferrolterra )
Xaquín Lores, Webmaster de www.culturamaritima.org portal oficial da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

Laurus nobilis disse...

Mais espírito celta no Milhas Náuticas é sempre bem vindo! Excelente iniciativa!

morgane the fairy disse...

Que fotografias lindas! Estes "espelhos" fascinam-me! Pena ainda não se verem os reflexos dos cristais de sal